París, Distrito 13, de Jacques Audiard
© Shanna Besson / Avalon A sensibilidade non ten nada que ver coa experiencia á hora de facer unha película. A sensibilidade tense, a experiencia gáñase, pero cando se xuntan as dúas cousas o resultado pode rozar o imposible. Jacques Audiard é un veterano, e nótase, pero non vive de rendas, xa que o seu cine sempre soubo retratar e captar as preocupacións das distintas xeracións que viu crecer. París, Distrito 13 é unha película perfectamente narrada, cun dinamismo... Ler máis
Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude
Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis
SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
ACORDAR
acordar verbo transitivo 4. Ter na memoria. verbo intransitivo 6. Deixar de estar durmido. (Dicionario da Real Academia Galega) Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as similitudes estéticas e narrativas que os dous filmes comparten. Read More
FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)
Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis
LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau
Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis