Decision to Leave, de Park Chan-wook

O cinema é unha forma de narrar historias. Varias disciplinas artísticas cumpren con esta descrición, como a literatura ou o teatro, pero todas se diferencian na súa forma de chegar ao público. O audiovisual desenvolveu co paso dos anos unha linguaxe propia que foi evolucionando e afastándose do resto de artes. Consegue xerar sensacións, sentimentos e ambientes únicos que non poderían ser recreados nin transmitidos doutra forma. Park Chan-wook é un director que demostrou... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis

CANNES DÍA 4: PARK CHAN-WOOK E MAREN ADE DIVIDEN

Cuarta xornada en Cannes e os ánimos non podían estar tan divididos. As dúas últimas películas da sección oficial, The Handmaiden (Park Chan-wook, 2016) e Toni Erdmann (Maren Ade, 2016) están a fomentar nos pasillos do Palais un intenso debate. Para nós, a única que lles fai sombra é a de Cristi Puiu, e aventurámonos a afirmar que estas tres van levar algo, se non é a Palma. Aínda queda moito festival, pero logo dunha primeira morna xornada, o nivel está tan elevado... Ler máis

CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS

Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis

2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO

A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis

O HAN NO CINEMA SURCOREANO

Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis

BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK

Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis

THE HOUSEMAIDS: DERIVAS DO CINEMA SURCOREANO (1960-2010)

A mediados dos 90, o cinema surcoreano comeza a ter certa relevancia no panorama internacional grazas á converxencia de varios factores. A saída definitiva do extenso letargo ditatorial, importantes investimentos na industria cinematográfica de grandes marcas surcoreanas, e varios anos de liberdade de expresión, repercuten directamente na mellora da calidade cinematográfica, no recoñecemento internacional e no interese crecente polas producións realizadas no país. Neste... Ler máis

SECRET REUNION, de Hun Jang

SUTILEZA MALENTENDIDA ·  Se ben as producións audiovisuais surcoreanas poñen en escena o tema das dúas Coreas con frecuencia, aínda pasa polo costado do eixo temático principal, coma se estivese por situarse no centro, dun momento a outro, pero non sucede. As excepcións serían películas como Lazos de guerra (2004) ou a serie Road Number One (2009) situadas na Guerra de Corea de 1950, cando o país divídese en dous. Aquí o contexto histórico engloba e determina,... Ler máis