EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)

Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista sexa un poeta que, sentindo a presenza dunha morte próxima dun xeito que non pode explicar racionalmente,... Ler máis

SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA

Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis

そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda

Até 2013, Hirokazu Kore-eda viviu á marxe do gran público xaponés. O seu cinema moveuse na fronteira, nos circuítos alternativos e, sobre todo, en Occidente e nos seus máis prestixiosos festivais cinematográficos. Se facemos unha breve revisión dos datos que os seus últimos filmes lograron en Xapón, descubrimos con asombro que as cifras son irrisorias: 歩いても 歩いても (Still Walking, 2008) obtivo 167.047 dólares, 空気人形 (Air Doll, 2009) 847.373, 奇跡... Ler máis