PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”
Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis
FORCE MAJEURE, de Ruben Östlund
-It just sounds very strange, when we say it in English, an ‘avalanche’ [“Soa raro cando o dicimos en inglés, unha avalancha”] ¡Papá, papá! Ebba (Lisa Loven Kongsli) e Tomas (Johannes Bah Kuhnke) son un matrimonio sueco de vacacións que quedaron para cear cunha compatriota e co seu novo amigo norteamericano. Co anterior diálogo, Ebba interrompe o relato parcial que seu home está a facer do que lles ocorreu esa mesma mañá. O acontecemento foi brutal: mentres... Ler máis
白日焰火 (BLACK COAL, THIN ICE), de Diao Yinan
Logo de completar un extenso percorrido polos festivais de medio mundo -incluindo Tribeca, Busán, Karlovy Vary, Vancouver ou Londres- e de ser a vencedora indiscutíbel da edición máis recente da Berlinale -coa obtención do Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata para o seu actor principal- 白日焰火 (Black Coal, Thin Ice, Diao Yinan, 2014) chega agora ás pantallas estatais cunha inmediatez que adoita ser inusitada para o mercado asiático de autor no noso país.... Ler máis
KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO
– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A Bittersweet Life Director e guionista ecléctico, dispar e audaz, Kim Jee-woon podería ser catalogado... Ler máis