FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO
Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis
PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE
Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar esos fitos históricos en loita, arte e memoria. Ese é o caso de Patricio Guzmán e da súa... Ler máis
AS POLÍTICAS DO PERSOAL, AS POLÍTICAS DOS ‘OUTROS’
A sétima edición de Punto de Vista confirmou a este festival como unha das citas peninsulares máis relevantes do calendario cinéfilo. O equipo dirixido por Josetxo Cerdán soubo atopar ao seu público, e ano tras ano adícase a mimalo cunha sección oficial anovadora e unhas retrospectivas que cumpren a dobre función de difundir ‘clásicos invisíbeis’ e poñelos en relación cos seus paralelos temáticos. Iruña reúne durante o festival á comunidade de cineastas, investigadores... Ler máis