Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’
Dende A Cuarta Parede levamos anos reivindicando o papel fundamental das filmotecas e dos arquivos como espazos de resistencia e custodios da memoria fílmica dun pobo (como acredita o noso Número 37). A supervivencia destes lugares, e do valioso patrimonio cultural que atesouran, semella estar constantemente ameazada (tanto polas dificultades técnicas que implica a preservación do material en celuloide, como pola falta de apoio institucional en moitos territorios). Ante esta... Ler máis
Locarno 2022: A memoria do cinema
There’s Always Tomorrow (Douglas Sirk, 1955) 1957. Á beira do lago Maggiore, un evento cinematográfico que comeza a tomar forma e a recoñecerse alén das fronteiras do Ticino celebra a súa décima edición —fundouse en 1947, mais non tivo lugar nin en 1951 nin en 1956—. Aos mandos da programación está Vinicio Beretta, director artístico do momento, o segundo na historia deste certame. O festival en cuestión chámase Locarno. Beretta vai tomar unha decisión que... Ler máis
O ARQUIVO AUDIOVISUAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Coñecín aos responsábeis da revista A Cuarta Parede hai tres meses, no seminario sobre crítica audiovisual celebrado na última edición do Play-Doc. Falamos daquela da posibilidade de escribir sobre o traballo que vimos facendo na Sección de Fondos Audiovisuais do Arquivo da Deputación de Pontevedra, polo que este artigo pretende dar conta das nosas actividades e servir de declaración de intencións sobre o que aspiramos a ser. Cómpre, con todo, comezar con algunhas... Ler máis
A PAISAXE ETERNA, UNHA IDEOLOXÍA DE INMOBILIDADE
A paisaxe atópase na centralidade das representacións documentais do territorio galego. Preséntase tan eternamente fermosa como superficial na súa realidade social. No transcurso do século XX establécense uns canons de representación fílmica que afunden as súas raíces na pintura paisaxística, a fotografía turística e as películas de emigración, conformando unha serie de recorrencias de representación compositiva, temporal e simbólica de Galicia, que acaban por... Ler máis