Número 41

A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis

SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis