THE IRISHMAN, de Martin Scorsese
A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis
EL CLUB, de Pablo Larraín
Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar. Xa non poden exercer nas súas parroquias, e a Igrexa mantenos alí co propósito de que recen, reflexionen... Ler máis