Festival de Málaga 2023: Unha celebración do loito e da perda

Diógenes, de Leonardo Barbuy A edición número vinte e seis do Festival de Málaga encheu as rúas da cidade andaluza de carteis, público e personalidades do audiovisual español entre os días 10 e 19 de marzo. Coma cada ano, o festival contou cun gran número de películas divididas en diferentes seccións que compoñían unha oferta para todos os gustos, e que fan deste festival un dos de maior calado social do país, imitando o esquema de Cannes, San Sebastián ou Venecia... Ler máis

LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis