O CINEMA EN PAPEL

Fotografía: María Meseguer Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Le o texto na súa versión orixinal en inglés aquí. Matinou algunha vez en como se fan as películas experimentais? A exposición “O cinema en papel” ofrécenos unha aproximación ao proceso creativo de varias películas experimentais icónicas presentándonos os seus borradores preparatorios, diagramas, anotacións e expresións gráficas... Ler máis

NOTAS SOBRE OS RETRATOS DE FRIEDL VOM GRÖLLER

Erwin, Toni, Ilse (1968-1969) Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nada máis comezar a súa sesión «Cine e Conferencia», encadrada dentro das actividades didácticas do (S8) Mostra de Cinema Periférico, a fotógrafa e cineasta Friedl vom Gröller xa nos advertía que o seu maior interese atópase no rostro. Comezou mostrando algúns dos seus primeiros traballos tanto fotográficos coma fílmicos que deron conta... Ler máis

O MAPA E O TERRITORIO

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Alberte Pagán impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. O meu primeiro encontro co cinema experimental aconteceu, de casualidade, na London Filmmakers’ Co-op a principios dos anos 90. E digo de casualidade porque acudín alí da man da literatura: mirando a programación cultural da cidade atopara un anuncio dunha sesión de cinema na que se incluía... Ler máis

LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA

Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido en España: Larry Gottheim. Non sen razón o teñen asociado á segunda xeración de cineastas estruturalistas... Ler máis

“O MEU NOVO FILME SERÁ UN MONUMENTO AO MEDIO ANALÓXICO”

Read here in English O cineasta experimental Peter Kubelka acodeu ao (S8) Mostra de Cinema Periférico (A Coruña) no último xuño para dar unha conferencia sobre as súas metáforas comestíbeis. Responsábel da primeira cátedra de cinema e cociña, foi visionario tamén ao deseñar o Invisible Cinema Theatre para os Anthology Film Archives, fundados xunto con Jonas Mekas, Stan Brakhage e P. Adams Sitney. Presentou tamén todos os seus filmes ao público, incluíndo a súa... Ler máis

(S8): LUZ ESPIRITUAL

Non facemos nestes inicios de 2013 un especial sobre a situación dos festivais de cinema en España por nada. O contexto da crise económica é o principal factor que está a mudar o chamado mapa de festivais, tendo que redimensionar eventos, suprimir seccións, baixar número de títulos, actividades paralelas, ou celebrarse cada dous anos (o caso de Punto de Vista, como nos conta Josetxo Cerdán, o seu director artístico, no debate que acompaña este artigo). Ante tal contexto,... Ler máis

KUBELKA: O CINEMA E A COCIÑA COMO FORMAS ARTÍSTICAS

Nas notas ao programa de Florentina Hubaldo, CTE, a nova película de Lav Diaz, Gertjan Zuilhof, un dos programadores do Festival de Róterdam e especialista no cinema do sueste asiático, contabilizaba en preto de cen horas as que o festival holandés ten dedicado ao cineasta filipino desde que en 2005 presentase Evolution of a Filipino Family. Zuilhof sumaba os dobres e triplos pases de cada película, aínda que, como quedaba claro no caso de Florentina Hubaldo, CTE, non tiña... Ler máis