FICX 2021: Novo mundo
Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis
FOUND FOOTAGE MAGAZINE E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN PACK DE REVISTAS
Found Footage Magazine e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores un pack cos dous últimos números da senlleira publicación cinéfila. O pack, xa dispoñible a través da súa web, inclúe os números #4 e #5, con contidos como un especial sobre o cinema de Peter Tscherkassky, textos asinados por críticos do talle de Jonathan Rosenbaum, Malcolm Le Grice ou Stephen Broomer, ou ilustracións de artistas como Michael Fleming, María Cañas ou... Ler máis
Número 41
A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis
A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’
Un libro, un obxecto, unha lembranza. A publicación Laboratório Cinemático. Solar, 10 Anos (Nuno Rodrigues & Daniel Ribas, eds., 2016) recolle un feixe de materiais que dan conta das actividades desenvolvidas durante a primeira década de existencia da Solar – Galería de Arte Cinemática de Vila do Conde. Este proxecto xurdiu a partir da sección ‘Work in Progress’ do festival Curtas Vila do Conde ante a necesidade de crear “un espazo de cuestionamento dos... Ler máis
PETER TSCHERKASSKY: MESTRE DA METRAXE ATOPADA
Primeiro había escuridade e xurdiu a luz. Con estes dous elementos, Peter Kubelka lograba conectarnos coas nosas orixes primixenias nun filme tan primario como Arnulf Rainer (1960), obra mestra de todo un movemento de artistas de vangarda austriacos – a primeira xeración – que deixarían fondas pegadas no cinema do seu país, hoxe en día á cabeza deste tipo de películas. Se cadra en contestación a isto, a segunda xeración do accionismo vienés, influídos por... Ler máis
CURTAS 2015: BENDITO EXPERIMENTAL
Comentabamos da edición do pasado ano de Curtas Vila do Conde que, se ben se podían atopar bos títulos na selección, ás veces a liña divisoria entre a sección internacional e a experimental era moi fina, cando non bailaban as propostas dun compartimento ao outro sen unha grande definición. Cuestión corrixida nunha edición de 2015 que destacou precisamente por contar cunha selección de curtas experimentais de grandísima calidade. Deixando de lado as películas máis... Ler máis