120 BATTEMENTS PAR MINUTE, de Robin Campillo
París, principios dos noventa. Un grupo de activistas de Act-Up, asociación internacional que loita pola visibilización do VIH e a súa erradicación, reúnese nas aulas dunha facultade e, entre acalorados debates e saídas nocturnas, sucédense as accións reivindicativas, radicais e transgresoras, poñendo contra as cordas ás autoridades e ás grandes farmacéuticas para empurralas a atopar unha solución asequible e universal á súa enfermidade. Francia levaba xa unha... Ler máis
SHORT STAY, de Ted Fendt
Entre os grandes acontecementos do 2016 para o cinema, o nacemento do festival Novos Cinemas ocupa unha parte importante. A cita, que celebrará a súa segunda edición no mes de xuño deste ano, convértese nun novo lugar onde poder gozar do mellor e máis independente cinema: sempre que sexa unha ópera prima. Co estímulo deste “requisito”, a cita conseguiu encher a cidade de Pontevedra de filmes da altura de Dead Slow Ahead (Mauro Herce, 2015) ou John From (João Nicolau,... Ler máis