CURTAS 2015: BENDITO EXPERIMENTAL
Comentabamos da edición do pasado ano de Curtas Vila do Conde que, se ben se podían atopar bos títulos na selección, ás veces a liña divisoria entre a sección internacional e a experimental era moi fina, cando non bailaban as propostas dun compartimento ao outro sen unha grande definición. Cuestión corrixida nunha edición de 2015 que destacou precisamente por contar cunha selección de curtas experimentais de grandísima calidade. Deixando de lado as películas máis... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis
A PAISAXE ETERNA, UNHA IDEOLOXÍA DE INMOBILIDADE
A paisaxe atópase na centralidade das representacións documentais do territorio galego. Preséntase tan eternamente fermosa como superficial na súa realidade social. No transcurso do século XX establécense uns canons de representación fílmica que afunden as súas raíces na pintura paisaxística, a fotografía turística e as películas de emigración, conformando unha serie de recorrencias de representación compositiva, temporal e simbólica de Galicia, que acaban por... Ler máis
LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA
Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido en España: Larry Gottheim. Non sen razón o teñen asociado á segunda xeración de cineastas estruturalistas... Ler máis
“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”
Luís Miñarro (Barcelona, 1949) estreou o pasado 27 de xaneiro no Festival Internacional de Cinema de Róterdam a súa primeira longametraxe de ficción: Stella Cadente. Unha première mundial dentro da Sección Oficial do certame (Tiger Competition) que contou coa presenza de Àlex Brendemühl e Lola Dueñas. O filme abarca o período no que Amadeo Fernando María de Saboia reinou (ou o tentou) en España (1870 – 1873). Máis coñecido como Amadeo I ou o “Rey Caballero”,... Ler máis