O trio em mi bemol, de Rita Azevedo Gomes

Na década de 1950, xorde en Francia un dos máis poderosos movementos cinematográficos: a Nouvelle Vague. Os artistas desta corrente rebélanse contra as estruturas cinematográficas dominantes ata o momento e reinventan a forma de facer cinema. Son novos e dominan a vangarda do sector durante anos. Unha das súas figuras máis relevantes é Éric Rohmer, autor de obras como Ma nuit chez Maud (1969) ou Quatre Aventures de Reinette et Mirabelle (1987), a cal está composta por... Ler máis

SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL

Danses macabres, squelettes et autres fantaisies (Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer) “É raro que nun museo haxa cousas pensadas para o ollo e non para ser didácticas”, afirma o pensador Jean-Louis Schefer nunha secuencia de Danses macabres, squelettes et autres fantaisies, mentres pousa a súa cultivada mirada nun cadro exposto ao público. A frase podería sintetizar o espírito deste peculiar e libre documental. Nel tómase como partida a exploración do motivo artístico... Ler máis

RITA AZEVEDO GOMES: “TODO É COMPOSICIÓN”

Rita Azevedo Gomes (Lisboa, 1952) é unha das máis grandes directoras da cinematografía portuguesa. As súas imaxes, sempre extraordinariamente compostas, mergúllanse na realidade a través do artificio, mostran o presente a partir do pasado e, desde a literatura e o teatro, exploran novos camiños para o cine contemporáneo. Recentemente Azevedo estreou A portuguesa, que gañou a Lady Harimaguada de Ouro, o máximo galardón do Festival de Las Palmas. Aproveitamos o acontecemento... Ler máis