Scarlet, de Pietro Marcello

A desorde do estético O director Pietro Marcello aposta por mostrarnos a beleza dun atardecer constante na súa obra Scarlet (2022), referenciando ideas da obra literaria de Alexander Grin, Scarlet Sails (1923), pese a non poder falar dunha adaptación directa. Unha historia de posguerra entregada ao amor en todas as súas formas: bonito, frustrante e político. Un amor que fía entre as dúas personaxes principais: Raphäel (Raphaël Thierry), un home que loitou na Primeira... Ler máis

Viennale 2022: Saint-Omer, L’envol e All the Beauty and the Bloodshed

Saint-Omer (Alice Diop, 2022) A Cuarta Parede visitou por primeira vez este ano a Viennale (20 de outubro – 1 de novembro, Viena, Austria). Ademais de polas súas coidadas retrospectivas —este ano dedicadas a Yoshida Yoshishige, Elaine May e a Ebrahim Golestan no centenario do seu nacemento—, o festival é sobre todo coñecido por ser o certame dos certames en Europa, presentando unha diversa e enorme selección do mellor do ano, sen poñer os filmes a competición. De entre... Ler máis

BELLA E PERDUTA, de Pietro Marcello

O filme comeza, paseniño, en silencio. Coñecemos a Tomasso, o anxo do Carditello. Este granxeiro metido a coidador dun símbolo de Italia, un antigo palacio borbónico, hoxe só habitado polas silvas e visitado polos ladróns. Despois, Pulcinella, outro anxo, este celestial, que agarda nunha cárcere unha tarefa que cumplir. Todo no máis absoluto silencio, deixando que sexan as imaxes as que falen en troques do diálogo. Mais, cando aparece Sarchiapone, o búfalo orfo, atopado... Ler máis