OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis

O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA, de Manoel de Oliveira

Sesenta anos foron os que o cineasta luso tardou en poder materializar Angelica (1951), un guión que partía dunha experiencia persoal cunha curmá: “A moza, moi bela, achábase tendida nun canapé azul, no centro dun salón. Os seus cabelos eran dourados e estaba vestida de branco, como unha noiva. Eu levaba comigo unha cámara Leica, que no acto de enfocar producía un desdobramento na imaxe. Como estaba fotografando unha morta da que se desprendía unha dobre imaxe, asaltoume... Ler máis