NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA, de Ignacio Agüero

Nunca subí el Provincia, de Ignacio Agüero, foi estreado na 30ª edición do FID Marseille, alzándose co Gran Premio do festival. É a segunda vez que o director chileno obtén este galardón tras Como me dá a gana II, o seu anterior filme. A última película de Ignacio Agüero é unha homenaxe ao pequeno, ao íntimo, ao barrio, ás intrahistorias dos veciños anónimos, a mirar a montaña e a deleitarse coa luz crepuscular sobre a fachada do veciño. Con isto fala da historia... Ler máis

FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN

Se ben é certo que o Festival de Cine Internacional de Ourense levaba vinte edicións detrás, esta vixésimo primeira edición foi tamén a primeira dunha nova lexislatura. Coma un político electo, agardo que me perdoe o insulto, Fran Gayo chegou aos mandos do festival cunha intención clara: reinventar o OUFF, pór o de dentro cara fóra e viceversa. Por iso, esta edición estivo marcada por unha forte aposta por un cine non só independente, senón un cine de autor. O festival... Ler máis

FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO

Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis

PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE

Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar esos fitos históricos en loita, arte e memoria. Ese é o caso de Patricio Guzmán e da súa... Ler máis