‘APPROACHING THE ELEPHANT’ E O DIRECT CINEMA
Cando un entra nunha sala de cinema para ver un filme sobre unha Escola Libre en New Jersey dunha autora norteamericana novel que traballou na produtora fundada polos irmáns Maysles agarda atopar un retrato próximo e revelador no que os protagonistas amosen as súas experiencias, cunha proposta formal que se achegue moito ao estilo de cinema directo dos irmáns Maysles, mais… en que medida Approaching the Elephant (Amanda Rose Wilder, 2014) segue os preceptos do cinema... Ler máis
Claire Simon: Liberdade e movemento
O que me interesa non é a perfección, senón máis ben a idea de estar á fronte, alí onde todo é incerto, onde se move o mundo Claire Simon A última edición de Play-Doc homenaxeou á cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955) cunha retrospectiva que logo recuperou o CGAI coruñés. A súa presenza en Tui serviu para compartir impresións e dúbidas co público arredor dunha traxectoria de corazón combativo e talante observador. Calquera combinación das súas obras... Ler máis
APPROACHING THE ELEPHANT, de Amanda Rose Wilder
Non pode existir a educación libre, porque se deixades a un neno ceibo non o educaredes. Gilbert Keith Chesterton A contundencia das palabras de Chesterton choca co enfoque que durante case un século foi a base dunha educación desprovista dos patróns dogmáticos e disciplinarios nos que se sustenta a educación convencional, como é o caso das escolas libertarias. Estas propoñen dar liberdade aos nenos para que expresen a súa creatividade e individualidade con actividades... Ler máis
PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO
Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis
PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS
Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis