OF THE NORTH, de Dominic Gagnon

Novos Camiños para o Documental Etnográfico of the North, escrita coa primeira vogal en minúscula, como é expreso desexo do seu autor, aparece como un título mutilado por necesidade. Xa transcorreron 93 anos dende que Robert J. Flaherty emprendeu aquela viaxe épica partindo de Toronto cara os confíns do Círculo Polar Ártico para retratar a primitiva loita diaria contra os elementos de Nanook of the North (1922). As súas imaxes, unha vez convertidas en emblema e parte... Ler máis

RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

Número 30

Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que vise unha das súas imaxes icónicas, sen saber moi ben a que filme se refería. Descubrir Killer... Ler máis