DOMINIC GAGNON: “SEN OS MOTORES DE BÚSQUEDA NON SERÍA NADA”
Pouco despois de que remate a súa masterclass durante o Play-Doc, asalto a Dominic Gagnon coa idea de entrevistalo pero non dunha forma tradicional. “Como o tes pensado?”, pregúntame; “Aínda non o sei: gravarnos cos móbiles?”. Dominic acepta sen dubidalo. Uns días despois cítome con el na entrada do seu hotel e falamos brevemente da idea da entrevista filmada, como facela, etc. “É estraño para min, sabes? Xa non estou acostumado a filmar cunha cámara”.... Ler máis
DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA
Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material atopado en internet, posteado por ‘neo-cineastas civís’, se adaptamos eiquí a Pasolini, para... Ler máis
RENÉ, de Helena Třeštíková
Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 As historias de perdedores adoitan gardar un agarimoso espazo nos espectadores. É doado simpatizar e empatizar con personaxes ás que a vida non deixa de afundir golpe tras golpe. Porén, a historia de René non encaixa no estereotipo de ‘born to lose’ habitual. Tras un primeiro paso pola cadea, René entra nun... Ler máis
LE CONCOURS, de Claire Simon
Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 A pesares de ter prendida a etiqueta de documentalista, Claire Simon vese a si mesma como cineasta, consciente, probablemente, da imposibilidade da obxectividade de quen encadra e escolle a imaxe. Se cadra por iso, en Le concours (2016), decidiu levar o aparato de rodaxe ao interior da prestixiosa escola de cinema... Ler máis
Número 35
A crítica sempre lle está dando ao cabazo: vemos algo, pensamos algo, queremos dicir algo. Temos as palabras e, dun tempo a esta parte, temos tamén toda caste de trebellos dixitais: temos computadoras, programas de edición, ideas na cabeza. Podemos escribir, filmar, editar, relacionar. O obxectivo é expresarse, construír un discurso, desenvolver unha argumentación, en palabras ou en imaxes. Por iso, este ano, organizamos o Seminario ‘A Crítica Audiovisual’ na última... Ler máis