O canon: un espellismo de normatividade

Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. A composición dunha sociedade consta de múltiples elementos que operan entre si para resultar nunha estrutura sistémica evolutiva. Dentro destes elementos atópanse: o contexto histórico, a educación, a cultura, a arte, a ciencia, os aspectos demográficos e, desde logo, a tecnoloxía, entre... Ler máis

As etiquetas do cine tamén van e veñen

Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis

Leon Hirszman: O inferno (non) son os demais

Nelson Cavaquinho (1969) Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Existe un cine máis aló do canon oficial, daquel que aparece nos libros de historia do cine, un cine recluído nas súas fronteiras orixinais ou en círculos pechados e de difícil acceso. Grazas ao labor de curadores, críticos e festivais, estas obras conseguen saír á luz, chegar ao gran público e dalgunha maneira reinventar... Ler máis

Play-Doc 2024: Seccións competitivas

Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro A última edición do Festival Internacional de Cinema de Tui — Play-Doc marcou un número redondo para o evento: a vixésima edición do encontro de cinema documental abriu as súas portas entre o 1 e o 5 de maio na capital do Baixo Miño. Este aniversario trouxo consigo un recordo das orixes do festival que impregnou toda a programación, con filmes que percorreron a profundidade da memoria. Xa sexa a través da evocación... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’

  A historia do cinema construímola os espectadores, segundo os filmes que vexamos, segundo os filmes que nos deixen ver. Cada xeración ten acceso a uns títulos ou outros en función da distribución e dos debates do seu tempo, polo que programadores e críticos teñen un papel fundamental nunha historia sempre en reconstrución. Ninguén reparara nos realizadores industriais do Hollywood clásico ata que o fixo a crítica francesa e cada tanto sae á luz un nome oculto... Ler máis

Play-Doc 2023: Imaxes ao bordo da desaparición

Hanging Out Yonkers, de Chantal Akerman Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). A cidade fronteiriza de Tui, atravesada por movementos perpetuos — o correr do río Miño cara ao Atlántico, o fluxo de peregrinos cara a Santiago —, parece o lugar idóneo para repensar unha historia do cinema. Aí celébrase cada ano o Play-Doc, cuxa programación... Ler máis

Dar Ghorbat, de Sohrab Shahid Saless

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). Podes ler o texto na súa versión orixinal en portugués aquí. Nein! Deutschland gut! Sohrab Shahid Saless (1944–1998) foi unha figura esencial da primeira xeración da nova vaga iraniana. Traballou no Kanun, onde foi unha influencia para Abbas Kiarostami; en 1975 emigra á República Federal Alemá, despois... Ler máis

Retrospectiva de Salvador Gijón, pioneiro ao tempo que descoñecido

Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui), como unha proposta de programación. Con motivo do achado en Francia dunha curtametraxe titulada Cuca y el pájaro Maletillas, ábrese ante nós a filmografía dun descoñecido, ao tempo que pioneiro, realizador español de películas de animación: Salvador Gijón (1902–1981). Iniciou a súa carreira como animador... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’

Dende A Cuarta Parede levamos anos reivindicando o papel fundamental das filmotecas e dos arquivos como espazos de resistencia e custodios da memoria fílmica dun pobo (como acredita o noso Número 37). A supervivencia destes lugares, e do valioso patrimonio cultural que atesouran, semella estar constantemente ameazada (tanto polas dificultades técnicas que implica a preservación do material en celuloide, como pola falta de apoio institucional en moitos territorios). Ante esta... Ler máis

Número 47

© Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía evidente a necesidade dunha colaboración máis estreita entre A Cuarta Parede e a Academia. Por... Ler máis