Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado

Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler a nosa crónica). E así, co recoñecemento da crítica debaixo do brazo, estréase agora en máis... Ler máis

(S8) Mostra de Cinema Periférico 2021

A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia. Dentro da ampla programación do festival, recollemos unha selección co mellor deste ano: Val... Ler máis

SINAIS EN CURTO 2018. EN TORNO Á MATERIA

Fotografía: María Meseguer Como cada ano, o (S8) Mostra de Cinema Periférico dedica unha sesión ao cine experimental e de vangarda que se produce en Galicia. Obras de cineastas que non poden faltar en calquera historia do cine galego xustapóñense a outras de autoras novas, demostrando tanto a riqueza interxeracional que existe como, precisamente, a posibilidade desa substitución. Os programas de carácter nacional difícilmente están atravesados por algún concepto que... Ler máis