Play-Doc 2021: Dun tempo e dunha terra

Esquirlas (Natalia Garayalde, 2020) O Play-Doc, festival internacional de cinema documental de Tui, celebrou entre os pasados 22 e 26 de setembro a súa decimo sétima edición. Ademais de ofrecer a oportunidade de asistir por primeira vez en España a retrospectivas de históricos cineastas do xénero, como Manfred Kirchheimer ou Bette Gordon, presentou, como vén sendo habitual, unha coidada selección de filmes na súa sección oficial, composta nesta ocasión por tan só cinco... Ler máis

EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron

Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre... Ler máis

Trinta Lumes, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis

CINEMA REVOLUCIONARIO MOZAMBICANO: O VISÍBEL, O INVISÍBEL E O TRANSLÚCIDO

Ler este artigo na sua versión orixinal en portugués …existía un desfase entre o “tempo pedagóxico” [sic] da FRELIMO… e o “tempo performático” [sic] do pobo, condicionado pola persistencia de formas culturais profundamente arraigadas. José Luís Cabaço (1) I A historia do cinema mozambicano é inseparábel de dous episodios centrais da historia do País: a Guerra de Liberación (1964-1974) e a Revolución (1975-1987). O cinema, medio visual dominante... Ler máis