CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS
As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do seu solista, único membro aínda vivo dunha banda que revolucionara o rock dos anos setenta. O documental... Ler máis
CANNES DÍA 5: AS FRONTEIRAS DO XÉNERO
Tiña que chegar, moita sorte tiveramos ata agora. O sistema de castas cannois deixounos sen ver os últimos traballos de Andrea Arnold e Jim Jarmusch, así que, queridas lectoras, hoxe a crónica vai ser curta, e non haberá comentarios da oficial. Agardamos poder recuperar estes filmes noutros pases, antes do termo do festival. Fóra de competición, o punto cómico púxoo The Nice Guys (Shane Black, 2016), un filme na liña das deconstrucións autoconscientes e paródicas... Ler máis
ENTREVISTA A NA HONG-JIN (‘THE YELLOW SEA’)
Recordade que podedes consultar a crítica da película, publicada no anterior número da revista. Read More
SECRET REUNION, de Hun Jang
SUTILEZA MALENTENDIDA · Se ben as producións audiovisuais surcoreanas poñen en escena o tema das dúas Coreas con frecuencia, aínda pasa polo costado do eixo temático principal, coma se estivese por situarse no centro, dun momento a outro, pero non sucede. As excepcións serían películas como Lazos de guerra (2004) ou a serie Road Number One (2009) situadas na Guerra de Corea de 1950, cando o país divídese en dous. Aquí o contexto histórico engloba e determina,... Ler máis