Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado

Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis

Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude

Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis

NOS DÉFAITES, de Jean-Gabriel Périot

PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte – perdón, Agrupación – Nacional de Marine Le Pen). Con todo, os franceses aínda poden presumir... Ler máis

O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE

O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis

SINÓNIMOS, de Nadav Lapid

Ser francés Sinónimos é unha película diversa e irregular como un diario persoal. Durante dúas horas sucédense as anécdotas sen que cheguen a desenvolver unha trama aparente. Teñen, con todo, un centro de gravidade. O actor Tom Mercier, que debuta de maneira asombrosa nesta película, paséase co seu abrigo prestado polas rúas de París. Conta as súas historias de Israel a unha parella de mozos burgueses parisienses, traballa como axente de seguridade na embaixada israelí,... Ler máis

THE IRISHMAN, de Martin Scorsese

A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis

NUNCA SUBÍ EL PROVINCIA, de Ignacio Agüero

Nunca subí el Provincia, de Ignacio Agüero, foi estreado na 30ª edición do FID Marseille, alzándose co Gran Premio do festival. É a segunda vez que o director chileno obtén este galardón tras Como me dá a gana II, o seu anterior filme. A última película de Ignacio Agüero é unha homenaxe ao pequeno, ao íntimo, ao barrio, ás intrahistorias dos veciños anónimos, a mirar a montaña e a deleitarse coa luz crepuscular sobre a fachada do veciño. Con isto fala da historia... Ler máis

NO FUTURE

Durante a década dos anos 70, houbo unha serie de acontecementos en todo o mundo detonantes dun pensamento e comportamento común nos xoves do mundo, afectando ás súas crenzas, ás súas costumes, incluso á moda e á súa estética. O Bloody Sunday, a Guerra de Vietnam e a crise do petróleo crearon un clima de crispación entre a xuventude, que comezou a adoptar o lema “No future”. A chegada do Punk representou unha vía de escape para esta parte da sociedade,... Ler máis

14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU

Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis

KIDLAT TAHIMIK, MESTRE DE CINEMA

A política internacional do pasado século estivo protagonizada, alén de Guerras Mundiais, por un proceso de descolonización das nacións occidentais en África, Asia e América Latina. Filipinas é un dos países que, primeiro a mans dos españois, despois dos ianquis e dos xaponeses sufriu diversas invasións. Por iso, non é de estrañar que Kidlat Tahimik (Baguio, 1942) faga do colonialismo o seu campo de traballo. O considerado “pai do cinema filipino” é un dos convidados... Ler máis