Katrin Rothe: “O mundo sería un lugar mellor se todos fixésemos no traballo cousas que cremos que son boas para a sociedade”
Podes ler a entrevista orixinal en inglés aquí. A guionista, produtora e cineasta alemá Katrin Rothe foi unha das convidadas destacadas da edición 08 do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que organizou a primeira retrospectiva en España dedicada á singular obra de Rothe. Ademais de proxectar algunhas das súas obras máis destacadas, como 1917 – The Real October (2017) e Johnny and Me (2023), a artista alemá impartiu unha conferencia-taller... Ler máis
Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”
Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As ondas, que serviu como experiencia previa e toma de contacto do equipo para a creación deste filme,... Ler máis
Novos Cinemas 2023: Sección Oficial
The Bride, de Myriam U. Birara O peche do ciclo de festivais galegos sempre vai da man de Pontevedra e Novos Cinemas. Nesta edición 08, que se desenvolveu entre o 12 e o 17 de decembro, achegámonos ao Teatro Principal da cidade para seguir unha programación desafiante cos marcos da linguaxe e o encadre, premisa coa que tamén xogou a Sección Oficial. Se hai un fío condutor que atravesa os filmes desta edición, este é o valor social e a transcendencia do cotián nas relacións... Ler máis
Novos Cinemas 2020: Sección Oficial
l n’ y aura plus de nuit, de Eléonore Weber © Perspectivefilms O Festival Novos Cinemas de Pontevedra volveu demostrar coa súa quinta edición porque segue sendo unha das nosas citas imprescindibles. Se o ano pasado defendíamos a importancia dos festivais pequenos ante o modelo (moitas veces fagocitario) dos grandes eventos, nesta ocasión volvemos sacar o chapeu ante a resiliencia amosada por un festival que, nun ano como o que vimos de pechar, foi quen de celebrarse... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS
Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis
VER A ESCURIDADE, ESCOITAR O SILENCIO: O CINE MINIMALISTA DE BAS DEVOS
Ghost Tropic (2019) Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Cinco anos despois de presentar o seu prometedor debut en formato longo, Violet (2014), Bas Devos volveu ao circuíto de festivais estreando non unha, senón dúas novas longametraxes este ano. Nun lapso de apenas tres meses, a súa cinta Hellhole (2019) formou parte da sección Panorama durante a pasada Berlinale, mentres que Ghost Tropic (2019) foi presentada en Cannes. Un logro destas características... Ler máis
SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”
Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis
ÁLVARO LARRIBA: “O QUE QUERÍA EN PRINCIPIO ERA ENSINAR O QUE HABÍA DETRÁS DO LICEO, QUE SON AS PERSOAS”
Creo que Mutantes (2017), o primeiro filme de Álvaro Larriba, é unha película importante polo que documenta e por como o fai. É certo que eu tampouco son obxectivo: emocióname ver unha película que rexistra o traballo do Liceo Mutante porque é probablemente o meu lugar favorito do mundo e sempre que vou volvo cheo de felicidade, inspiración e fe na humanidade. Toquei alí, durmín alí, debo estar entre o público nalgún dos concertos que aparecen na película e vexo... Ler máis
A ESTACIÓN VIOLENTA, de Anxos Fazáns
De costas, a cámara lenta, Claudia (Nerea Barros) aproxímase a unha praia onde se unirá a catro amigos para acabar bañando os seus corpos espidos e eufóricos no mar. Considerando o que veremos despois nesta primeira longametraxe da pontevedresa Anxos Fazáns (1992), a enigmática secuencia que o abre parece extraída doutro filme, menos escuro e oposto á desolación que baña cada paso cara a nada dos seus erráticos personaxes. En realidade, este choque plasma en si a... Ler máis
MISS LEDYIA, de José Gil
O pasado 4 de marzo, o Teatro Principal de Pontevedra acolleu o 100 aniversario de Miss Ledyia, primeira película de ficción galega, rodada no 1916 por José Gil. Un século atrás, tamén na cidade de Pontevedra, a equipa da película inauguraba unha nova senda da cultura galega na que os éxitos e a fama internacional chegaría cos anos posteriores. O presidente da Academia Galega do Audiovisual Carlos Ares, rodeado pola habitual comitiva de autoridades que acompañan a este... Ler máis