O canon: un espellismo de normatividade
Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. A composición dunha sociedade consta de múltiples elementos que operan entre si para resultar nunha estrutura sistémica evolutiva. Dentro destes elementos atópanse: o contexto histórico, a educación, a cultura, a arte, a ciencia, os aspectos demográficos e, desde logo, a tecnoloxía, entre... Ler máis
As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica
Hai cincuenta anos a Revolución dos Cravos en Portugal puña fin a preto de medio século de ditadura salazarista. De entre os diversos filmes que se teñen feito sobre o tema, As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, é un dos que máis destaca por diversos motivos. En primeiro lugar, inmortalizou in situ o acontecemento, con todo o valor histórico que isto ten. Gravado entre o 25 de abril e o 1 de maio de 1974, recolle polo tanto os... Ler máis
Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños
Terra Mater, de Kantarama Gahigiri (2023) Formas dun cine militante Atopamos, na competición internacional do Curtas Vila do Conde 2023, varias películas que se sitúan nas marxes da ficción para abordar de forma directa unha serie de temas de carácter político. A súa afinidade non xorde tanto desas formas híbridas ou imprecisas, senón dun espírito militante que explora activamente maneiras de concretarse na materia cinematográfica. Entre elas está Fala da terra (Benjamin... Ler máis
O corpo aberto, de Ángeles Huerta
O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse, non só da dinámica e gratificante confluencia de xéneros, a priori tan distantes, como o drama... Ler máis
VITALINA VARELA, de Pedro Costa
© NUMAX Distribución “Vitalina… Os meus sentimentos. Chegaches tarde, o teu marido está enterrado desde hai tres días. Aquí en Portugal non hai nada para ti. O seu fogar, non é o teu fogar. Volve á túa terra.” Pero Vitalina Varela non volve. Insiste en vivir na casa do defunto Joaquim, o home que a abandonou fai 25 anos. Desta sinxela premisa, a permanencia de Vitalina en Portugal tras descubrir que chegou tarde, co marido que a abandonou xa morto e enterrado,... Ler máis
MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA
“Cinco cineastas, nacidos a ambos os dous lados do Atlántico, cuxos debuts ou consagracións autorais estreáronse este ano nos festivais internacionais de maior renome, representan o presente e o futuro dese cinema activista, pelexado nas marxes, que impulsou e abandeirou este certame durante nove edicións”. Así presenta o catálogo da novena edición do festival Márgenes a sección El Presente, dedicada ao cinema iberoamericano. A selección incluíu títulos de Brasil,... Ler máis
A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes
Cando se espera moito tempo… «Esperara durante once anos ao seu esposo, durante once anos el fora amante da fama e da fantasía, agora percorría a casa e o patio e semellaba, raído pola enfermidade, moi ordinario en comparación aos mozos e os bos modais da corte. Ela non se detiña a pensar demasiado nisto, pero cansouse un pouco da vida nese país, que lle prometía o indicible.» A premisa de A portuguesa é sinxela, unha historia de espera; as palabras, de Musil. De... Ler máis
SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS
Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis
TERRA FRANCA, de Leonor Teles
A primeira longametraxe de Leonor Teles (1992) retrata con delicadeza o día a día de Albertino Lobo, un pescador que faena no municipio de Vila Franca de Xira, lugar natal da directora a beiras do Texo. Ao abrir cunha intensa xornada de traballo á vella usanza, envolvendo a súa figura solitaria na paisaxe fluvial mediante unha fermosa fotografía nocturna, todo fai presaxiar un achegamento clásico a esa figura masculina tradicional, alicerce dun fogar humilde cuxa subsistencia... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis