ARRIVAL, de Denis Villeneuve

Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador con mínimas nocións de lingüística gozará cunha película cuxa premisa mestura a hipótese de Sapir-Whorf... Ler máis

CAMINHOS DO CINEMA PORTUGUÊS: COIMBRA, CAPITAL DO CINEMA LUSO

Nunha chuviosa de novembro daba comezo o XX Festival Cinema Caminhos Português en Coimbra. A principal cidade da rexión norte de Portugal, coñecida como a segunda Salamanca pola súa tradición universitaria. Un evento cinematográfico que cumpre vinte edicións logo dun parón de dous anos na súa organización. En palabras do seu director Vítor Ferreira, na gala de inauguración, “os camiños fanse camiñando” e “Coimbra volvía ser a capital do cinema portugués”.... Ler máis

CURTAS VILA DO CONDE 2014: REGATES

Debido á extensión da crónica, publicarase en dúas partes para facilitar a súa lectura. Esta primeira, sobre a ficción e o documental, e a segunda centrada en propostas máis experimentais. Non sabemos se por influencia do mundial de fútbol, o último Curtas Vila do Conde estivo dedicado ao deporte rei en Europa. O certame pareceuse este ano moito á competición estival. Xogando ao regate co espectador, había sesións que se resolvían nos penaltis, nun tira e afrouxa... Ler máis