Eloy Enciso: “A forma de traballar segue iso que din straub e huillet, facer a revolución é volver pór no presente cousas moi antigas pero esquecidas”

Eloy Enciso presenta a súa terceira longametraxe nuns días a competición en Locarno. Longa noite (2019) supón unha depuración formal da indagación que xa existía en Arraianos (2012), con elementos como a palabra utilizada como materia prima, atendendo á musicalidade do verbo con actores non profesionais, ou o uso de referencias literarias para os diálogos, que neste caso son de múltiple procedencia e se mesturan para crear un relato aparentemente sinxelo, mais de profundas... Ler máis

PEPE EL ANDALUZ, de Alejandro Alvarado e Concha Barquero

O arquivista Rick Prelinger queixábase hai uns anos no seu blog Black Oystercatcher da submisión da maioría de documentários históricos ao enfoque imposto polo modo performativo, onde calquera acontecemento debe abordarse sempre dende a perspectiva dalgún personaxe en concreto, establecendo un arco narrativo baseado na resolución dalgún problema: “O que está a ocorrer”, escribe Prelinger, “é que o cinema está a ser empregado para construír historias que enfatizan... Ler máis

ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA

Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis