RECICLAXE INTERTEXTUAL: A SEMIÓTICA NO CINEMA
No momento inmediatamente anterior a sentarnos comodamente en casa ou na butaca dun cinema, curioseamos sobre a idea de que é o que imos observar? En que imos fixar o ollo á hora de ver cinema? Ou, máis aínda, preguntámonos por que vemos cinema? Con frecuencia, a nosa mirada cara o cinema está condicionada pola palabra allea. Con isto refírome aos discursos provenientes da crítica cinematográfica, as recensións ou sinopses da televisión ou Internet, entre outros. Tanto... Ler máis
MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz
MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen de súpeto como protagonistas da súa propia historia, nun movemento perpetuo, vital, que tende antes... Ler máis
AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011
É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis
MUTACIÓNS DO CINEMA POSMODERNO
O último e extenso libro de Gerard Imbert podería ser visto como unha continuación de Postelevisión, pero desta volta o seu traballo ensaístico incide sobre os imaxinarios sociais presentes no cine posmoderno. Uns imaxinarios colectivos que Imbert define “como representacións flotantes, máis ou menos conscientes, que inflúen na nosa comprensión da realidade e afectan a formación da identidade social”. O cine para Imbert é un fiable indicador social e os imaxinarios... Ler máis
TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT
Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia da outra: a Kelly Reichardt da súa opera prima, River of Grass (1995) parece unha cineasta... Ler máis
Variacións para xéneros e iconas. O cinema dos irmáns Coen
Tom Reagan, o conselleiro mafioso de Miller’s Crossing (Joen e Ethan Coen, 1990), ten unha clara relación de dependencia co seu sombreiro: precisa del para tomar as súas decisións, e perde o control cando perde o sombreiro. ¿O sombreiro é a súa conciencia? O sombreiro é unha icona, un dos atributos que mellor definían aos anti-heroes do cinema negro, de Humphrey Bogart a Alain Delon: o seu xeito de levar sombreiro é o que explica visualmente o carácter dos seus personaxes.... Ler máis