CURTAS 2016: POLÍTICAS DE REPRESENTACIÓN
‘From the Diary of a Wedding Photographer’, premio principal en Curtas 2016. Como cada ano, o Curtas Vila do Conde estreou en Portugal unha variada selección de filmes de baixa duración, que recollen todas as tendencias do cinema contemporáneo máis audaz. Ante tal reto, construír unha competencia internacional diversa e coherente non é unha tarefa sinxela, pero unha vez máis, lográrono. E fixérono ao redor dunha pregunta que parecía ficar suspendida en todas... Ler máis
O FILLO DE SAÚL, de László Nemes
Moito se ten falado d’O fillo de Sául dende a súa estrena en Cannes. É unha película que, pola súa forma, chama a atención, mais tamén por lograr atopar un recuncho de novidade na gran narración cinematográfica que foi o Holocausto xudeu. A acción segue os pasos dun sonderkommando en 1944, no campo de Auschwitz-Birkenau. Para quen non coñeza o palabro, estes eran os grupos de prisioneiros dedicados a liberar as cámaras de gas dos corpos dos seus compañeiros... Ler máis