O gran momento do audiovisual galego
XXII Premios Mestre Mateo © Academia Galega do Audiovisual Desde fai un tempo, pregúntanme de maneira recorrente sobre o gran momento que vive o audiovisual galego. Vaia por diante que pouco importa o que eu opine; en todo caso, sempre tropecei con dificultades para dar unha resposta breve e contundente. Non son amigo de triunfalismos, sobre todo se se trata dunha reacción ante os éxitos (cómpre aquí redefinir a idea de éxito) duns poucxs. Gústame poñer en valor e celebrar... Ler máis
Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2017: TEDDY WILLIAMS, FILMAR OU FILMAR
Un ano máis Curtocircuito achega a un cineasta emerxente a posibilidade de amosar o seu cinema dentro dunha retrospectiva encadrada na sección Púlsar. Teddy Williams (Buenos Aires, 1987), galardoado na sección Cineasti del presente do Festival de Locarno, achegará a Compostela os seus traballos que xa pasaron por festivais coma Cannes ou FIDMarseille. Un cinema estraño no que a cámara adopta unha inquietude constante, un movemento eterno, que levou a Williams a ser considerado... Ler máis