Camborda x Enciso (I)
Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis
BOYHOOD, de Richard Linklater
Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis
Procesos #18 – Jonás Trueba
Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día.... Ler máis
É O AMOR, de João Canijo
Da experiencia do amor: un filme-proceso No 2012, o festival de cinema Curtas Vila do Conde organizou o Campus/Estaleiro, un programa intensivo con estudantes de cinema da rexión do Porto que, como corolario, produciu diversas curtametraxes, poñendo en contacto a eses estudantes con realizadores profesionais. Nese contexto, xurdiu unha proposta directa para o cineasta João Canijo: abordar o microcosmos social das Caxinas, un barrio pesqueiro histórico da zona norte de Vila... Ler máis