INTERSECCION 2018: SOBRE FRONTEIRAS E DIVERSIDADES. A IMAXE AUDIOVISUAL EN GALICIA ALÉN DO CINEMA
Fotografía: Andrea Rodríguez López Nos últimos tempos, falar de audiovisual é facelo desde unha perspectiva híbrida, expandindo a mirada alén de terminoloxías ou fronteiras técnicas para abrazar a súa substancia desde a intersección, desde o camiño fronteirizo. Ao longo da historia aprendemos que na arte non existen as rupturas limpas ou as delimitacións. Comprendemos a súa permeabilidade e asumimos que as agrupacións en movementos, períodos ou categorías favorecen... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis
UN LUSTRO DE CINEMA
Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis
DOLORES MEIJOMÍN: “A POLÍTICA AUDIOVISUAL PODE MARCAR TENDENCIA”
Dolores Meijomín afrontou a coordinación da política audiovisual galega da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) nun momento no que diversas institucións que antes xestionaban o audiovisual na comunidade, se fusionaron todas neste único organismo. Era unha demanda repetida dende había tempo no sector. O único problema é que a suma das partes non fixo aumentar, nun contexto de crise económica, o orzamento da axencia, que xestiona agora todo o sector do audiovisual,... Ler máis
CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS
Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis
EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN
O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis
XESTIONANDO A NADA
Os responsables d´A Cuarta Parede pedíronme que escribise sobre “xestionar e declarar as axudas públicas recibidas para a produción cinematográfica” (sic.) para un número dedicado aos distintos modos de produción audiovisual. Nun principio resistinme, non tiña a menor intención de enzoufarme falando das miserias da industria cinematográfica. Iván Villarmea e Víctor Paz teimaron e ensináronme a “escaleta” do número e vin como facían unha desagregación de... Ler máis
Número 22
Moi habitualmente, as revistas de cinema esquecemos os produtores, para falar só dos cineastas. Mais sen eles, non hai filmes. Sabemos que están a pasar unha tempada difícil. As axudas públicas minguan, semella máis difícil obtelas, e van normalmente ligadas a unha xustificación de gastos moi estrita; algo especialmente duro cando están destinadas a persoas físicas, coma é o caso das axudas de talento. Polo tanto, son os máis pequenos os que máis senten a crise. Ante... Ler máis
UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS
Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis