ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino
Modernidade sensorial É complicado facer a touro pasado un texto sobre unha película da que correron ríos de tinta no seu pase en Cannes en maio e máis tarde na súa estrea en territorio nacional. Tres visionados completos e moitísimas lecturas posibles sobre a cinta que me deixan a sensación de non ter conseguido nin rascar a superficie dunha obra tan inabarcable. Pregunto a compañeiros con criterio sobre desde onde abordarían a miña película favorita de 2019 e a que... Ler máis
O POTENCIAL CRÍTICO DO ENSAIO AUDIOVISUAL DIXITAL
Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués O ensaio audiovisual dixital é actualmente unha práctica cultural cunha gran diversidade de temas, métodos e contextos de utilización. Moitos ensaios teñen como obxecto o cinema, abordando un ou máis filmes, o traballo dun intérprete, ou determinada técnica cinematográfica. No entanto, o obxecto do ensaio audiovisual tamén se estende frecuentemente á relación do público con eses filmes e, en particular, ao modo... Ler máis
O MELLOR DE 2016
1. Carol (Todd Haynes, Reino Unido / EUA / Australia, 2015) – 70 puntos / 9 votos 2. O Ornitólogo (João Pedro Rodrigues, Portugal / Francia / Brasil, 2016) – 50/8 3. La mort de Louis XIV (Albert Serra, Portugal / Francia / España, 2016) – 42/6 4. Paterson (Jim Jarmusch, EUA / Alemaña / Francia, 2016) – 31/4 5. Toni Erdmann (Maren Ade, Alemaña, 2016) – 29/4 6. Arrival (Denis Villeneuve, EUA , 2016) – 28/3 7. 山河故人 (Mountains May... Ler máis
O ODIOSO QT
QT, coas súas siglas de DJ, sempre foi iso, un experto cociñeiro de potaxes, nos que mete referencias de todo tipo. Dende ese cruce de pistolas en Reservoir Dogs (1992) que recordaba ao City on Fire (1987) de Ringo Lam; pasando pola cita directa a The Graduate (Mike Nichols, 1967) no plano lateral de Pam Grier na cinta do aeroporto; ou mesmo con repeticións do mesmo calco, como a sensual boca de Uma Thurman ao chamar a Vincent Vega dende o interfono en Pulp Fiction (1994),... Ler máis
USA-BABILONIA
“Nada ten tanto éxito coma o exceso“. Unha frase de Oscar Wilde, escritor máis prolífico polas súas declaracións que pola súa obra literaria. Wilde era en si mesmo un tipo en grao sumo excesivo e comprendeu que nunha sociedade reprimida como a vitoriana a tentación de abandono que supón un comportamento desinhibido tiña un atractivo ao que era difícil resistirse. Mesmo hoxe en día, cando as represións son menos obvias, non hai mellor forma de atraer a... Ler máis
DJANGO UNCHAINED, de Quentin Tarantino
Que Quentin Tarantino é un cineasta controvertido é un feito indiscutíbel. Amado e odiado a partes iguais, a súa carreira está marcada pola súa cinefilia e gusto polo cinema de culto, a súa capacidade para rescatar vellas glorias, as súas narrativas violentas e un sentido do humor vándalo, ferinte e mordaz. Nunha filmografía tan coherente como ateigada de matices, a característica máis visíbel da obra de Tarantino é a súa habilidade para abordar un xénero e renderlle... Ler máis
O MELLOR DE 2013
A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis
2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO
A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis
OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL
Cando un se prepara para ir a un festival de cinema conta con pouca información: algunhas películas veñen precedidas de éxito noutros festivais, doutras non nos interesa tanto a película como a Guest Visit (presenza do director e staff durante a proxección e posterior diálogo co público) e da gran maioría, por ser estreas ou obras de directores noveles, non se ten máis información que a que se presenta no catálogo. Desta maneira un estuda a programación o mellor... Ler máis
OPEN TALK: BONG E TARANTINO
Non houbo tempo para o rumor ou o transcendido. Simplemente chegou un mail avisando do evento: Open Talk Bong Joon-ho (BJH) e Quentin Tarantino (QT). Así, nunha fermosa tarde na que a luz acusaba o final do outono e do Festival Internacional de Busán (BIFF) Quentin Tarantino chegou á cidade surcoreana desde Macao, onde recibiu o premio pola súa carreira nos Premios Huading. Así, de súpeto, espontaneamente, como fan, non como convidado, e este foi o único evento que aceptou... Ler máis