Los indeseables, de Ladj Ly
Nada é doado Poucas cousas neste mundo son sinxelas. Todo ten varias capas ou matices sobre os que poder reflexionar se se pon o empeño suficiente. Amor, amizade, pobreza, familia e, nunha escala moito menos transcendental, o cine. Cada película pode ser interpretada de maneiras moi distintas segundo os ollos que a miren. Este é o caso de Los indeseables, dirixida e coescrita polo francés Ladj Ly. Aforrarei tempo ás persoas que lean esta crítica: esta cinta trata sobre... Ler máis
La mala familia, de Nacho Villar e Luis Rojo
A falsa sensación de liberdade de decisión Todos somos fillos de alguén. Todos tivemos nalgún momento un familiar que mirou por nós, e probablemente outro que só quixo afundirnos. Non escollemos quen leva o noso sangue, o único que podemos facer é tratar de asumir a nosa árbore xenealóxica o mellor posible. O que si podemos escoller son as nosas amizades, a familia que non é de sangue, pero si de corazón. Somos animais sociais, e a xente coa que decidimos pasar o... Ler máis
Danny Lyon: Retratista do desarraigo
Un ano máis o Play-Doc de Tui volve exhibir músculo coas súas retrospectivas. Entre o 4 e o 8 de maio poderase ver no festival tudense a obra de Danny Lyon, reputado fotógrafo cuxa traxectoria cinematográfica é absolutamente descoñecida. Este ciclo é o primeiro que se lle organiza a nivel internacional, fóra dos seus natais Estados Unidos. ‘Estados Quebrados’ poderían definir mellor a xeografía e rostros que Lyon retrata no seu traballo. Apegado aos preceptos... Ler máis
Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude
Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos racistas. Isto é, darlles verdadeira voz. Tampouco chega con darlle voltas ao discurso identitario,... Ler máis
DON’T GO GENTLE: A FILM ABOUT IDLES, de Mark Archer
Comezo este texto con dúas anécdotas persoais, unha máis longa que a outra. A primeira é que recoñezo que a corentena destes últimos meses pilloume cunha lista de filmes que ver moi grande. Clásicos que sempre dis “xa verei” e outros que realmente tiña ganas de ver. Entre todos eles decateime, ao pensar neste texto, que moitos tiñan relación coa música. Especialmente co documental musical. Hai uns anos falaba nesta mesma revista de diferentes tipos de documentais... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
DETROIT, de Kathryn Bigelow
Sempre tiven unha certa admiración polos directores que, dentro da industria, conseguen recortar un espazo de autor esquivando os clixés do cinema máis comercial. Na actualidade, Kathryn Bigelow é quizais unha das mellores expoñentes dese grupo. Ademais, é unha das poucas mulleres cineastas recoñecidas dentro da industria estadounidense contemporánea. É unha No-(Wo)Man’s Land[1]. De feito, foi a primeira muller, xa no ano 2010, en recibir un premio Óscar como directora. Da... Ler máis
GET OUT, de Jordan Peele
No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis
BALADA DE UM BATRÁQUIO, de Leonor Teles
O seguinte texto é obra dun dos participantes do Workshop Crítica de Cinema realizado durante o Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cinema. Este obradoiro consistiu, dunha banda, nun conxunto de clases maxistrais e debates con convidados internacionais, e doutra, na produción de textos críticos sobre os filmes exhibidos durante o festival, que foron publicados, periodicamente, na páxina do Público, no blog do Curtas Vila do Conde, e nas revistas Á... Ler máis
CHARLES BURNETT: “NON TE PODES DESFACER DO RACISMO TAN FÁCIL, É PARTE DA SOCIEDADE”
Foto: Tamara de la Fuente Charlamos con Charles Burnett (1944, Vicksburg), homenaxeado na XII edición do Festival Play-Doc. A conversa, que transcorre entre unha ruidosa cafetería de Tui e a tranquilidad do recibidor do hotel, alóngase durante máis dunha hora de gravación. A súa vida en Los Angeles, os seus filmes ou a súa opinión sobre o estado actual da sociedade estadounidense son algúns dos temas dos que falamos con el. Viviches no barrio de Watts en Los Angeles,... Ler máis