Diana Toucedo: “Quería que a cámara fose unha personaxe máis, que vivise desde dentro a historia”

A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis

SHOPLIFTERS, de Hirokazu Koreeda

A TRANSMISIÓN FRONTE AOS LAZOS DE SANGUE O último de Koreeda, 万引き家族 (Un asunto de familia, 2018), sitúanos moi rapidamente nun núcleo familiar algo distinto ao das acomodadas películas recentes do nipón. O fácil sería dicir que bebe do neorrealismo italiano, pois estamos a falar dun grupo que vive de pequenos furtos para sobrevivir e de traballos esporádicos, mais penso que estariamos equivocados, pois a historia do xaponés ten un ton que se irmanda máis... Ler máis

FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA

‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis