DOMINIC GAGNON: “SEN OS MOTORES DE BÚSQUEDA NON SERÍA NADA”

 Pouco despois de que remate a súa masterclass durante o Play-Doc, asalto a Dominic Gagnon coa idea de entrevistalo pero non dunha forma tradicional. “Como o tes pensado?”, pregúntame; “Aínda non o sei: gravarnos cos móbiles?”. Dominic acepta sen dubidalo. Uns días despois cítome con el na entrada do seu hotel e falamos brevemente da idea da entrevista filmada, como facela, etc. “É estraño para min, sabes? Xa non estou acostumado a filmar cunha cámara”.... Ler máis

DOLORES MEIJOMÍN: “A POLÍTICA AUDIOVISUAL PODE MARCAR TENDENCIA”

Dolores Meijomín afrontou a coordinación da política audiovisual galega da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) nun momento no que diversas institucións que antes xestionaban o audiovisual na comunidade, se fusionaron todas neste único organismo. Era unha demanda repetida dende había tempo no sector. O único problema é que a suma das partes non fixo aumentar, nun contexto de crise económica, o orzamento da axencia, que xestiona agora todo o sector do audiovisual,... Ler máis

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA

“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis

OS CINÉFILOS GALEGOS, Á PROCURA DE SALAS

Meu tío conta nas comidas familiares a mesma historia, como unha vez ao ano, para seguir a tradición. De como a miña nai o levou ver un tostón de filme lentísimo, que non acababa máis. A experiencia debeuno deixar traumatizado, pois décadas despois, ese recordo segue vivo na súa memoria. Polo que din, era unha de Bergman. Non están seguros, mais cren que El manantial de la doncella (1960). Sempre gustei desa historia, porque como cinéfilo posmoderno (ou algo así), nunca... Ler máis