As Neves, de Sonia Méndez
Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis
Número 41
A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis
NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS
Continuamos a revisión dos títulos do último Novos Cinemas cos filmes pertencentes á sección Latexos. Cinco filmes inéditos en Galicia para un espazo que estreaba xurado e premio da crítica e na que destacaba a abundante representación femenina. Entre as seleccionadas, Young & Beautiful (Marina Lameiro, 2018), gañadora do premio do público no Festival Punto de Vista; La muerte del maestro (José María Avilés, 2018) proxectada en Rotterdam e Sao Paulo; Letters... Ler máis
FICX 2014 (II/III): SECCIÓN OFICIAL E RELLUMES
Segunda parte da crónica, que vén de aquí; séguelle outra centrada en Convergencias, a nova sección da crítica. En liñas xerais na Sección oficial atopámonos películas con moi boa factura, que inclúen aspectos que as diferencian do cinema máis comercial, pero que non obstante, son algo convencionais no tratamento das tramas e a forma de contar. Aínda que tanto nesta sección como noutras, houbo excepcións. Men, Women and Children (Jason Reitman, 2014) (fóra... Ler máis
CROWDFUNDING: O CASO DE ‘9 ONDAS’
Crowdfunding, financiamento colectivo, accionariado popular, micromecenazgo… Calquera que sexa o nome, sempre nos referimos a unha formula que nos últimos anos -non só no cinema- funciona como alternativa ás actuais limitacións do sistema de financiamento público e/ou industrial. “Non hai escusas para non facer peliculas, de ningún tipo“, dicía Oliver Laxe hai algúns anos nunha entrevista á TVE. Con ese espíritu, decidín confiar na proposta de micromecenado... Ler máis