DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)

  É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis

FID MARSEILLE 2013: UN FESTIVAL FALADO

O FID Marseille deste ano trazou un mapa de tendencias diverso e moi estimulante. Por esta razón, decidimos dividir a nosa crónica en dúas partes, para poder dedicarlle o espazo que merece a cada unha delas. Esta primeira céntrase na relación dos filmes coa palabra e no carácter performativo de moitas das propostas. Seguirá outra que indague na exploración visual dalgúns dos títulos seleccionados e no interese do certame polo teatro. Lech Kowalski levou tres premios... Ler máis