TONI ERDMANN, de Maren Ade
Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba os roles dunha parella en crise forxaba un estilo propio en medio da invocación rosselliniana,... Ler máis
THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson
En Youtube é sinxelísimo atopar multitude de parodias do cinema de Wes Anderson. Hai algunhas moi logradas, coma o falso tráiler que postula en plan what if como sería o reboot da saga fílmica de Spider-Man se Anderson estivese detrás, ou o sketch do Saturday Night Live que presenta “A camarilla de sinistros intrusos a medianoite”, o primeiro slasher film andersoniano. Cría un estilo e bótate a durmir: con sete longas ás súas costas, ao bo do Wes pasáralle un pouco... Ler máis