O MASH UP NO VÍDEO-ENSAIO, UNHA FERRAMENTA DE ANÁLISE SUBXECTIVA

Le este artigo na súa versión orixinal en portugués. TRANSFORMERS: THE PREMAKE (a desktop documentary) (Kevin B. Lee, 2014) Ao longo deste artigo intentarei reflexionar sobre as posibilidades do vídeo-ensaio na súa relación co cinema found footage e de apropiación de imaxes, tanto nas estratexias formais como, sobre todo, nas intencións poéticas e metafóricas. En particular, centrareime na relación cos obxectos fílmicos dende o punto de vista romántico da ruína... Ler máis

A CRÍTICA COMO XERADORA DE TENDENCIAS. O CASO DO ‘OUTRO’ CINEMA ESPAÑOL

Jara Yáñez durante a súa intervención no seminario ‘A Crítica Intermedia’, celebrado dentro do Festival Play-Doc 2014, onde expuxo por primeira vez o contido deste texto. FOTO: Tamara de la Fuente. Até que punto é posíbel conservar a independencia precisa para que o crítico non se converta nun mero transmisor de intereses comerciais ou, se acaso, en prisioneiro do seu propio horror vacui ante a posibilidade de ficar desprazado do aparello institucional, dos... Ler máis

SPRING BREAKERS, de Harmony Korine

Pistolas en mans espidas de inofensivas adolescentes que andan somentes á procura de diversión. As cores queiman a imaxe e os primeiros planos funden corpos coma se a hipernarrativa non entendese de tempo nin personaxes, coma se o eu e o agora fosen o único abarcábel pola cámara. E, de fondo, Britney Spears. Britney Spears – Everytime (Devils Dubstep Remix ) by D.E.V.I.L.S. Kuleshov e a posmodernidade para unha montaxe disruptiva entendida como paradigma contemporáneo... Ler máis