NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN
Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva o selo do seu director, acertado ou non, tratando de traducir as palabras do ‘bardo inmortal’... Ler máis
PATERSON, de Jim Jarmusch
Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis
PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda
Grazas aos criterios inclusivos dos seus programadores, a décima edición do Play-Doc de Tui ofreceunos unha completa retrospectiva da traxectoria do cineasta Nicolás Pereda. Agora ben, se aceptamos que a obra deste mexicano non é documental per se, talvez esteamos a crear un incómodo baleiro taxonómico que nos empurrará a definir que é entón o que fai este realizador, camiñando entre incómodas aclaracións sobre a non ficción e os xéneros híbridos. Si, utiliza métodos... Ler máis