Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?
Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a performance, o documental confesional e unha sinfonía audiovisual, na que a música do compositor Wang... Ler máis
PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’
Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis
BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS
O foco que Play-Doc lle dedica a Bruce Weber permítenos agora repasar a filmografía dun cineasta ocasional que está considerado coma un dos máis grandes fotógrafos de moda dos últimos trinta anos. Se ben tratar das súas instantáneas non resulta aquí o noso principal obxectivo e o volume de obra é inabarcable, as imaxes estáticas e en movemento que o norteamericano produce son indisociables as unhas das outras, polo que un pouco de contexto non sobrará. Weber iniciou... Ler máis
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)
O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (1/2)
Un ano máis, o festival de curtas de Clermont-Ferrand permitiunos coñecer na súa sección Labo as últimas tendencias do cine máis próximo á vangarda e á experimentación. Nunha selección ecléctica, na que colle todo o que se saia dos camiños narrativos tradicionais, atopámonos nesta edición cunha alta presenza de cine do real, na que advertimos a vontade de reflexionar sobre a creación e recepción das imaxes, alén de rexistrar a realidade mesma, unha tendencia... Ler máis
NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS
Continuamos a revisión dos títulos do último Novos Cinemas cos filmes pertencentes á sección Latexos. Cinco filmes inéditos en Galicia para un espazo que estreaba xurado e premio da crítica e na que destacaba a abundante representación femenina. Entre as seleccionadas, Young & Beautiful (Marina Lameiro, 2018), gañadora do premio do público no Festival Punto de Vista; La muerte del maestro (José María Avilés, 2018) proxectada en Rotterdam e Sao Paulo; Letters... Ler máis
SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS
Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis
CURTOCIRCUITO 2018: ALÉN DO ESPELLO: OS RETRATOS DE ULRICH SEIDL
«Nunca fun despiadado, creo, pero gústame mostrar a verdade ao espido» Ulrich Seidl I Velaquí ante os nosos ollos a filmografía de Ulrich Seidl: un retrato de Europa. Cun sinal documental incluso cando se penetra na ficción, encadres frontais e estáticos, planos xerais a media altura coas figuras humanas expostas no centro, unha profundidade de campo aplanada por unha parede lisa (ou acentuada cara a un punto de fuga), composicións simétricas e miradas a cámara, o estilo... Ler máis
NOTAS SOBRE OS RETRATOS DE FRIEDL VOM GRÖLLER
Erwin, Toni, Ilse (1968-1969) Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nada máis comezar a súa sesión «Cine e Conferencia», encadrada dentro das actividades didácticas do (S8) Mostra de Cinema Periférico, a fotógrafa e cineasta Friedl vom Gröller xa nos advertía que o seu maior interese atópase no rostro. Comezou mostrando algúns dos seus primeiros traballos tanto fotográficos coma fílmicos que deron conta... Ler máis
EXILE, de Robert Todd
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Un retrato: espazos cotiáns, velados a través de distancias de diferentes tipos, vivindo dentro das limitacións das nosas posturas fixas. (Robert Todd) Os cineastas dos que tivemos a oportunidade de gozar neste festival, o (S8) Mostra de Cinema Periférico, teñen precisamente en común o uso dos espazos e obxectos cotiás como elementos cos que configurar o contido das imaxes... Ler máis