(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe
Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis
O canon: un espellismo de normatividade
Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. A composición dunha sociedade consta de múltiples elementos que operan entre si para resultar nunha estrutura sistémica evolutiva. Dentro destes elementos atópanse: o contexto histórico, a educación, a cultura, a arte, a ciencia, os aspectos demográficos e, desde logo, a tecnoloxía, entre... Ler máis
As etiquetas do cine tamén van e veñen
Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis
Leon Hirszman: O inferno (non) son os demais
Nelson Cavaquinho (1969) Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Existe un cine máis aló do canon oficial, daquel que aparece nos libros de historia do cine, un cine recluído nas súas fronteiras orixinais ou en círculos pechados e de difícil acceso. Grazas ao labor de curadores, críticos e festivais, estas obras conseguen saír á luz, chegar ao gran público e dalgunha maneira reinventar... Ler máis
Katrin Rothe: “O mundo sería un lugar mellor se todos fixésemos no traballo cousas que cremos que son boas para a sociedade”
Podes ler a entrevista orixinal en inglés aquí. A guionista, produtora e cineasta alemá Katrin Rothe foi unha das convidadas destacadas da edición 08 do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que organizou a primeira retrospectiva en España dedicada á singular obra de Rothe. Ademais de proxectar algunhas das súas obras máis destacadas, como 1917 – The Real October (2017) e Johnny and Me (2023), a artista alemá impartiu unha conferencia-taller... Ler máis
Retrospectiva de Salvador Gijón, pioneiro ao tempo que descoñecido
Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui), como unha proposta de programación. Con motivo do achado en Francia dunha curtametraxe titulada Cuca y el pájaro Maletillas, ábrese ante nós a filmografía dun descoñecido, ao tempo que pioneiro, realizador español de películas de animación: Salvador Gijón (1902–1981). Iniciou a súa carreira como animador... Ler máis
VER A ESCURIDADE, ESCOITAR O SILENCIO: O CINE MINIMALISTA DE BAS DEVOS
Ghost Tropic (2019) Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Cinco anos despois de presentar o seu prometedor debut en formato longo, Violet (2014), Bas Devos volveu ao circuíto de festivais estreando non unha, senón dúas novas longametraxes este ano. Nun lapso de apenas tres meses, a súa cinta Hellhole (2019) formou parte da sección Panorama durante a pasada Berlinale, mentres que Ghost Tropic (2019) foi presentada en Cannes. Un logro destas características... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”
Hong Sang-soo (Seúl, 1960) converteuse nos últimos vinte anos nun dos autores surcoreanos máis importantes do momento, e pode que o que máis teña influenciado os cineastas independentes de todo o mundo. Lonxe da estilización doutros coetáneos como Bong Joon-ho ou Park Chan-wook, o creador de Tale of Cinema (2005) caracterizouse máis ben por un estilo sobrio e por xoguetonas tramas que se constrúen na rodaxe, sen guión, ámbito onde a súa influencia máis se deixa notar.... Ler máis
FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO
Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis