(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada

Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis

Play-Doc 2023: Imaxes ao bordo da desaparición

Hanging Out Yonkers, de Chantal Akerman Esta peza foi elaborada durante o Seminario de crítica e programación de cinema restaurado, que organizamos en colaboración co Play-Doc 2023 (29–30 de abril, Tui). A cidade fronteiriza de Tui, atravesada por movementos perpetuos — o correr do río Miño cara ao Atlántico, o fluxo de peregrinos cara a Santiago —, parece o lugar idóneo para repensar unha historia do cinema. Aí celébrase cada ano o Play-Doc, cuxa programación... Ler máis