¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

PLAY-DOC 2014: O ANO DA FICCIÓN DOCUMENTAL

Hai unhas semanas tiven o privilexio de asistir ao seminario ‘A Crítica Intermedia’ dentro das actividades do Festival Play-Doc de Tui. No marco deste curso, déronnos a posibilidade de escribir unha crítica ou unha crónica entroutras opcións para publicar n’A Cuarta Parede. Por que explico todo isto? Pois porque quería ofrecer a miña visión do festival, mais non sabía moi ben que elixir, xa que foron moitos os traballos audiovisuais que me gustaron.... Ler máis