Los reyes del mundo, de Laura Mora
Un trono de ladrillo “Aos individuos correspóndenos indignarnos; aos gobernos reflexionar e actuar”, con esta frase de Michel Foucault comezaba a fiar a directora colombiana Laura Mora o seu primeiro filme, Matar a Jesús (2017), para somerxernos nunha obra crúa e inxusta, mais contada dende un punto de vista acomodado, dende as clases que tiñan o privilexio de pensar. En los Los reyes del mundo (2022) volve coa forza da cámara en man, dos planos fechados e os encadres... Ler máis
Mandibules, de Quentin Dupieux
O verán adoita a ser o momento no que o cinema se enche de propostas lixeiras que non atoparon espazo durante o resto do ano. Así, é normal que un dos xéneros que máis aparezan nas carteleiras sexa o da comedia: nada entra mellor cando aperta a calor que o aire acondicionado da sala de cinema e 90 minutos de risas. Con todo, tamén é o clima perfecto para arriscar con filmes que non adoitan ter un gran público pero que, o que teñen, é fiel. Recoñezo que esta situación... Ler máis
Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro
Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis
IFFR 2019: O CINEMA COMO EXPERIENCIA EMOCIONAL
Sons of Denmark (Ulaa Salim) © IFFR “Celebremos o medio máis emocional que existe, as imaxes, os sons e as historias que apreciamos: o cinema. Cando nos sintamos confundidos, angustiados ou intimidados, tomemos un momento de silencio e volvamos a conectar coa nosa humanidade e as nosas emocións”. Estas foron as palabras de Bero Beyer, director do Festival Internacional de Cine de Róterdam, durante a gala de apertura da 48ª edición do encontro holandés, que se celebrou... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
CASI 40, de David Trueba
No ano 1996, David Trueba debutou na dirección con La buena vida. Aquela oportuna visión da adolescencia, melancólica e tenra, exaltaba sen ningún reparo os universos de Truffaut ou Malle no medio dunha época máis ben gris do cinema español, coma se o autor pretendese reivindicar para a caduca comedia do seu país unha sensibilidade doutras latitudes e tempos. A realidade é que os anos foron pasando por ese cine e o menor dos oito irmáns Trueba, case sempre máis agudo... Ler máis
CANNES 2018 EP. 2: JAIME ROSALES CONQUISTA NA QUINCENA
Jaime Rosales, unha das participacións españolas na Quincena dos Realizadores, sorprendeu cando dixo que ía filmar Petra (2018), unha sorte de traxedia grega posta ao día que contaría no elenco con Alex Brendemühl, con quen xa traballara na súa ópera prima, Las horas del día (2003), e con Bárbara Lennie como protagonista. Dende esa película inicial, tamén estreada en Cannes, o barcelonés tense caracterizado por desenvolver historias de corte social, ás veces con... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS
O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis
NEBRASKA, de Alexander Payne
Non deixa de abraiarme o alto creto co que conta Alexander Payne entre a crítica especializada, que a miúdo o trata con toda a deferencia dun grand auteur cando eu coido que aínda non superou o estadio de (moi eficaz e solvente, iso si) artesán. Parte do problema que teño con el vén de que as súas fitas, que a priori semellan do máis interesante da colleita norteamericana do seu ano (filmes de consenso que gustan ao público e acaparan premios), acaban chegando menos... Ler máis
FIGURAS NA PAISAXE: CINEMA NARRATIVO E TOPOFILIA
Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Algunhas das primeiras imaxes do cinema foron do mundo natural en movemento, escenas de rúa e vistas de temas topográficos. Nese sentido, o cinema podería ser interpretado neses primeiros tempos case como un subproduto da industria turística ou do rexistro xeográfico. A asociación entre filme e paisaxe resulta daquela evidente. Unha posíbel definición de paisaxe sería a proposta por John Brinkerhoff Jackson: “unha... Ler máis