FIDMARSEILLE 2016: GLORIOSO E DIVERSO
Patricio Guzmán, homenaxeado en FIDMarseille. Os festivais son como bestas de metal ás que lles encanta engulir celuloide. Máis de 200 cintas non é unha cantidade razoable que tragar en pouco máis dunha semana. Sen dúbida, as diferentes seccións do FIDMarseille compleméntanse entre elas, establecendo nexos ben interesantes en cada unha das nosas visitas á cidade gala, e ofrecendo diversidade para un certame que parece estar a medrar. A incorporación dunha sala como Videodrome,... Ler máis
SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI
O festival de Sevilla caracterizouse nos últimos anos pola súa aposta por un cinema experimental de difícil acceso e necesaria reivindicación. Gunvor Nelson, Heinz Emigholz ou Peter Tscherkassky foron froito de varios dos ciclos das tres últimas edicións, así coma o pasado ano se dedicaba unha sesión ao cinema de vangarda austriaco. Non obstante, os programadores non tiveran a valentía ata o momento de incluír en seccións competitivas este tipo de pezas, privándonos... Ler máis
BOYHOOD, de Richard Linklater
Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis
Procesos #19 – Isaki Lacuesta
O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe en 36 horas, cun equipo técnico e artístico escollido dun casting previo á celebración do evento.... Ler máis