COLOSSAL, de Nacho Vigalondo
Producida no 2016, Colossal (Nacho Vigalondo) tardou un ano en conseguir distribución en España a pesar dos máis de 3 millóns de dólares recadados en EUA e de contar cunha estrela do talle de Anne Hathaway entre o elenco. A historia, que combina romance e trazos que lembran a filmes da saga Godzilla, agocha no seu interior unha realidade monstrosa e dura que cómpre dixerir e analizar. Cando Gloria rompe co seu mozo, volver ao fogar da súa infancia semella a mellor opción... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis
ONLY LOVERS LEFT ALIVE, de Jim Jarmusch
Un dos pasatempos favoritos dos friquis cinéfilos, ademais de elaborar listas e rankings de todo o cinematográfico posible e facer quinielas de festivais e entregas de premios, é xogar aos what ifs: como sería tal película de dirixila tal director, que faría tal autor de atreverse a facer tal cousa nas antípodas do seu estilo (Paco Alcázar sábeo, e por iso adoita recorrer a este entretemento na súa tira cómica A industria dos soños). Ás veces temos sorte, a algún... Ler máis
COSTA DA MORTE, de Lois Patiño
Un inmenso bosque que se ergue na brétema. O cruxir das árbores que caen e baten os seus pesados troncos contra o chan. O son dunha serra de fondo. Así comeza Lois Patiño o seu filme, Costa da Morte (2013), adentrándonos na paisaxe máis profunda da Galiza, unha paisaxe na que o home se tenta abrir camiño, unha natureza á que se aferra e coa que tamén pelexa, na que vive e da que tamén subsiste. É que foi o capricho das ondas do mar o que achegou o barco ateigado de... Ler máis
郊遊 (STRAY DOGS), de Tsai Ming-liang
Soñan os humanos con paisaxes pintadas? -Que caste de cadros? – Paisaxes. – Síntoo, non teño paisaxes. Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ——————————————————– I’m not in love with the modern world, I’m not in love with the modern world, It was a torch driving the savages back to the trees Wolf Parede, Modern Times —————————————– A... Ler máis
HISTÒRIA DE LA MEVA MORT, de Albert Serra
A MERDA EN OURO Desde a súa celebrada Honor de cavallería (2006), Albert Serra dedicouse a reapropiarse de estéticas románticas e aplicalas a mitos ultracodificábeis aos que reduce á súa máxima esencia (1). Nesa película, o Quixote e Sancho camiñaban polo campo á espera dunha aventura que nunca acaba por chegar. Serra mostrábanos a don Quixote como unha especie de místico romántico, amante da natureza e obsesionado coa mítica Idade de Ouro. A visión da natureza... Ler máis
SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA
Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis
SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO
Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis
BEFORE MIDNIGHT, de Richard Linklater
As regras mudaron. Julie Delpy, Ethan Hawke e Richard Linklater retoman unha vez máis os personaxes que levan xa un par de décadas desenvolvendo, mais desta volta o romanticismo das dúas primeiras entregas da saga deixa paso a un ton máis agre, onde xa non hai sedución senón discusión. Aos seus corenta anos, Jesse e Céline convertéronse definitivamente nunha parella estábel: na primeira escena do filme, un plano secuencia virtuoso revélanos que estes dous personaxes... Ler máis
ANDRZEJ WAJDA. A GRAN POLONESA
Non semella existir no cinema contemporáneo un director cunhas raíces culturais que procedan tan claramente do século XIX coma este ‘romántico violento’, como se quixo definir o propio Andrzej Wajda. Toda a súa obra expresa un nacionalismo exacerbado que, nunha primeira etapa, se presenta baixo a forma do romanticismo. Os seus filmes emerxen así do subconsciente colectivo dun pobo, o polaco, cuxa historia foi unha invitación constante á rebelión e á loita... Ler máis